Os operarios de Salvamento Marítimo seguen a buscar o traballador desaparecido o pasado día 4 de marzo no porto de Malpica de Bergantiños, onde traballaba nas obras de ampliación do dique. David Nunes Leitao, de 41 anos, foi arrastrado por un golpe de mar mentres encofraba bloques de formigón no propio dique.Na busqueda colaborou tamén o propio Concello de Malpica poñendo á disposición a Tara da Cruz Vermella así como os servizos de Protección Civil que rastrexaron a costa por terra por se as correntes o arrastraran a unha praia cercana, segundo afirma Alfredo Cañizo, concelleiro de Seguridade.
O propio concelleiro comentou que se leváron a cabo por completo as diferentes fases de búsqueda. Nos primeiros días procedeuse a unha búsqueda intensiva que se t
uvo que aumentar de 3 a 5 días por mor do temporal. Nos días seguintes pasouse a peinar zonas selectivas, lugares como furnas ou praias ata onde a corrente o puidera arrastrar. Coa chegada do décimo día na procura do corpo, volveuse á busca selectiva debido a que transcorrido ese tempo, os corpos adoitan saír á superficie no caso de non estar atrapados no fondo.No que se refire á responsabilidade da traxedia, non hai nada claro polo de agora. O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga acercouse ata o lugar do accidente o mesmo día e afirmou que se abriría unha investigación, pero segundo explicou Valentín Dominguez, portavoz de comunicación da entidade, "abriuse un expediente informativo, no que se están contrastando datos, pero aínda non hai nada novo e a investigación segue aberta".
Os mariñeiros da vila afirman que foi "unha locura poñerse a traballar co temporal que caía" e os propios operarios de Salvamento Marítimo afirmaron que seguramente se puidera evitar o desastre se os traballadores levaran chaleco salvavidas. A empresa ferrolana Bardera quixo evitar calquera tipo de declaracións ó respecto do accidente mentres que o caso non estea pechado.
